O Festival Ribela Love Nature de Sarria engade novos artistas á súa quinta edición

Os organizadores do Festival Ribela Love Nature de Sarria continúan desvelando os artistas que participarán na súa quinta edición, que se celebrará os próximos 21 e 22 de agosto.
Á xa longa lista formada por Or:la, Pariah, Phantom Circuits, Call Super, Catarina Silva, Gala, Legowelt (Zorlok Compressor live), Kosu Nes, Leiras, Oxygeno e Slit Observers, súmanse agora KTDKT, un dúo de melómanos que se coñece en Madrid desde hai cinco anos e que comeza a destacar grazas aos seus ritmos juguetóns, baixos contundentes e melodías de ensueño. Os seguidores deste proxecto poden gozar dun son que vai desde o electro dos anos noventa ata o progressive máis contemporáneo, sempre co baile como fío condutor.
Ademais, o festival anunciou tamén a presenza de Jor Ginho, cuxa enerxía e versatilidade na cabina se converteron co paso do tempo nunha parte fundamental do ADN do evento. Capaz de moverse con facilidade entre house profundo, electro, breakbeats e outras xoias difíciles de clasificar, logra manter unha conexión constante coa pista en cada un dos seus sets, sumando un punto extra de dinamismo e movemento ao percorrido musical que se está a preparar para esta edición.