O Festival Ribela Love Nature reafírmase como un festival de referencia en Sarria

SarriaXa
A organización destaca que o encontro superou as expectativas e agradece á comunidade pola súa participación
Ribela-Love-Nature-2025
25 Aug 2025

O festival Ribela Love Nature, celebrado esta fin de semana, concluíu cun balance altamente satisfactorio segundo os seus organizadores, que destacaron que o evento "superou todas as expectativas". A dirección do encontro subliñou que desde a súa primeira edición o festival se converteu nun proxecto en constante evolución, marcado por momentos inesquecibles e fortes conexións entre artistas e público.

Ademais de reivindicar a súa paixón pola música, os promotores puxeron en valor a comunidade que cada ano se suma á cita, creando unha atmosfera "única, cálida e aberta" que favorece que os músicos se sintan cómodos sobre o escenario e poidan conectar co público.

“Sabemos que a vida trae retos, e que dedicar tempo a vir aquí, a desconectar e reconectar co que realmente importa, non ten prezo”, indicaron, agradecendo o compromiso dos asistentes que fixeron posible unha experiencia que cualificaron como "mágica e inesquecible".

A organización tamén destacou que Ribela é máis que un festival, xa que se entende como unha comunidade que non sería posible sen a participación activa do público. Finalmente, lembraron que a historia non remata con esta edición, senón que continuará escribíndose nos próximos capítulos do Ribela Love Nature.

⚙ Configurar cookies
0.1145601272583