O Festival Terra Brava 2026 do Incio xa ten data confirmada

SarriaXa
A cita musical mantén a súa aposta polos sons do país tras unha edición anterior celebrada o 16 de agosto cunha ampla representación de bandas
Terra-Brava-2025
30 Jan 2026

O Festival Terra Brava do Incio xa ten marcada no calendario a súa próxima edición, que se desenvolverá o 15 de agosto.

A cita volverá reunir sobre o escenario formacións de folk e rock do panorama galego, mantendo a liña musical que caracteriza o evento desde os seus inicios e consolidándoo como un dos encontros destacados do verán na comarca.

Na pasada edición, celebrada o 16 de agosto, o público puido gozar das actuacións de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Peter Selek, O Val das Mouras, O Sonoro Maxín e Guezos, un cartel diverso que combinou tradición e propostas actuais.

⚙ Configurar cookies
0.089643001556396