O Festival Terra Brava do Incio suma a banda chilena Calle Mambo ao cartel de 2026

O Festival Terra Brava do Incio continúa desvelando novos nomes para a súa próxima edición, que se celebrará o 15 de agosto de 2026, coa incorporación da banda chilena Calle Mambo ao seu cartel.
Trátase da terceira confirmación tras os anuncios previos da Charanga Bicoia e da formación valenciana La Trocamba, consolidando así unha proposta musical variada e con proxección internacional.
Calle Mambo conta con máis de 13 anos de traxectoria e unha ampla presenza en festivais de diferentes países, destacando por un estilo propio no que combinan instrumentos tradicionais latinoamericanos con ritmos contemporáneos. A súa posta en escena caracterízase pola enerxía e a conexión co público, convertendo os seus concertos en experiencias dinámicas e festivas.
Dende a organización avanzan que o cartel continuará medrando nas vindeiras semanas, coa incorporación de novos nomes entre os que destacan dúas propostas que contarán con algunhas das mellores voces femininas de Galicia, nun adianto que invita a seguir pendentes das próximas novidades do festival.