O Festival Tremeterra do Incio confirma dous novos artistas

O Festival Tremeterra do Incio segue a perfilar os detalles dunha nova edición que promete ser histórica.
A organización vén de anunciar dúas novas incorporacións ao cartel: Lion’s Den Soundsystem, unha das referencias máis recoñecidas da escena dub internacional, e High Nebra, artista galego que xa deixara pegada na edición pasada co seu potente directo.
A cita será os días 28 e 29 de agosto, nun escenario privilexiado como é o encoro de Vilasouto, un lugar que cada ano se enche de música, natureza e bo ambiente.
A organización lembrou con entusiasmo o paso de High Nebra: “O live dub do noso irmán xa é inconfundible en toda a península e parte de Europa. Un trip sonoro que nos transporta á súa galaxia”.
Con estas novas confirmacións, o Tremeterra reafirma o seu crecemento como un dos eventos imprescindibles da cultura soundsystem en Galicia.