O Frei Luís de Granada celebra a súa primeira festa de fin de curso de tarde este venres
SarriaXa
O Frei Luís de Granada celebra a súa primeira festa de fin de curso este venres na que participarán arredor de 255 persoas
15 Xuño 2023
A Anpa do centro educativo Frei Luís de Granada celebra, por primeira vez, unha festa de fin de curso de tarde conxuntamente co equipo docente e as familias este venres, 16 de xuño, a partir das 19.00 horas, na que van participar arredor de 255 persoas.
A xornada comezará co festival de zumba e haberá diferentes actividades para os nenos e nenas e para as súas familias, haberá inchables, exhibicións, atraccións e sorteo de agasallos.
Ademais, haberá unha merenda e cena comunitaria amenizada con música a partir das 21.15 horas na que terá lugar o sorteo, doados polo Concello de Sarria.