O futuro Museo Paixón Slot está nunha exposición piloto no MIHL de Lugo

SarriaXa
O Museo Interactivo de Historia de Lugo (MIHL) volve acoller unha exposición piloto de miniaturas de coches de competición que é a antesala do que será o Museo Paixón Motor Slot que o enxeñeiro industrial e empresario Julio Páramo quere abrir en Sarria.
28 Dec 2022

O Museo Interactivo de Historia de Lugo (MIHL) volve acoller unha exposición piloto de miniaturas de coches de competición que é a antesala do que será o Museo Paixón Motor Slot que o enxeñeiro industrial e empresario Julio Páramo quere abrir en Sarria.

A intención desta exposición, que estará dispoñible no MIHL ata o vindeiro 26 de febreiro, é dar a coñecer a historia do automóbil de competición, tanto na vertente deportiva como na tecnolóxica, xa que este gran proxecto que Páramo ten en mente está a punto de facerse unha realidade.

No MIHL poderase ver un avance do que será o museo que estará no seu municipio natal, Sarria, Concello que colaborou no proxecto e que apoiou a Julio Páramo.

Este venres, 29 de decembro, ademais, o sarriao José Luis Portela estará ás 20.00 horas no museo dando unha conferencia baixo o título "Presente e futuro do coche eléctrico".

O xoves 29, ás oito da tarde, ademáis, haberá unha conferencia a cargo do empresario sarriao Jose Luis Portela baixo o título “Presente e Futuro do coche eléctrico”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16064715385437