O Garaxe de Sarria acolle unha exposición de Yoe33
O Garaxe de Sarria acolle a exposición do lucense Yoe33 formada por ilustracións feitas con técnica dixital. As obras son creacións dixitais que se imprimen posteriormente. Así pois, no Garaxe están expostas nove obras que non teñen un tema común, senón que pertencen a coleccións distintas. Así pois, pódense ver obras de temas variados que non representan a realidade.
O artista lucense forma parte de Concepto Circo, formación creada en 2007 como a unión de varios artistas provintes do mundo do graffiti. A pesar de non expoñer nunca as súas obras en Sarria, Yoe33 xa realizou unha exposición recentemente no museo MIHL, xunto con varios compañeiros.
A mostra pódese visitar ata o 8 de xullo, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.