O GDR da zona oriental organiza unha visita de traballo a Cangas del Narcea

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Este luns o GDR Alto Narcea Muniellos e Montes e Vales Orientais organiza unha visita ó Parque de las Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias.
visita gdr 3 vales orientais a cangas del narcea portada
6 Nov 2022

Este luns, día 7 de novembro, o GDR Alto Narcea Muniellos e Montes e Vales Orientais organiza unha visita de traballo ó Parque Natural de las Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias.

Esta actividade está dirixida a persoas interesadas no ecoturismo e a persoas que desenvolven a súa actividade profesional en ámbitos relacionados (membros da administración local, técnicos/as de turismo, emprendedoras/es, empresarios/as, etc). Está especialmente dirixada aos membros dos concellos do GDR, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, Pol, Baleira, Baralla, Láncara, Becerreá, Cervantes, Pedrafita, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e A Fonsagrada.

A saída está prevista ás 7 am de Pedrafita do Cebreiro e irán percorrendo e parando nos distintos concellos.

A visita dará comezo coa recepción dos participantes en Cangas del Narcea, por parte do alcalde local xunto aos de Ibias e Degaña. Ás 11 dará comezo unha visita guiada por Cangas del Narcea, para continuar unha hora máis tarde por Tebongo e a apicultura. En Corias visitarán a adega Monasterio, antes do xantar, previsto para as 14.30 horas en Casa del Río.

Pola tarde, a partir das 16.30 horas, haberá un encontro coa asociación de turismo rural Fuentes del Narcea: Desarrollo ecoturístico na posada de Rengos.

visita gdr 3 vales orientais a cangas del narcea
0.11451005935669