O goberno de Sarria e o BNG acadan un acordo de investimentos

SarriaXa
A contía económica total de investimento acordada polo goberno sarrián e o grupo do BNG é de 2,8 millóns de euros.
ceip frei luis de granada sarria
27 Xuño 2022

A contía económica de investimento é de 2,8 millóns de euros.

O goberno de Sarria e o grupo do BNG tomaron un acordo co fin de destinar 2,8 millóns de euros a distinto proxectos como o de impulsar o comercio local ou mellorar a pista polideportiva do colexio Frei Luis de Granada. Nesta última investirase unha contía económica de 250.000 euros e a obra ten como meta facer das instalacións un pavillón para uso do estudantado.

Para levar a término todo isto, realizaranse unhas modificacións de crédito que se tratarán no pleno deste xoves 7 de xuño.

Dentro destes investimentos, tamén se atopa o apoio ao comercio local, o cal rebirá 150.000 euros, unha proposta xa acordada entre as partes no 2021. O seu fin  é propulsar que se merque nas distintas tendas a través dun sistema de troque de moedas ou bonos.

Ademais, entre outras moitas máis obras a executar, está prevista a ampliación do aparcamento do Campo do Río por 20.000 euros ou o traballo das beirarrúas do polígono de O Morelle, que custarán 31.950 euros. Tales investimentos, sumaranse aos acordados no pleno pasado, como os abastecementos de auga da Pena e Rosende con 180.000 euros, entre outros. Asemade, tamén se estima a remodelación  da traída e o saneamento do barrio de O Mazadoiro por 225.000 euros ou de beirarrúas e servizos básicos servizos das rúas Fernando de Castro, Xoán Montes e un tramo de Diego Pazos.

As modificacións de crédito tamén teñen prevista a adquisición de cámaras para o control do tráfico por 130.680 euros, entre outros máis proxectos a realizar.

0.17335200309753