O Goberno local de Láncara mellorará a xestión de residuos e limpeza viaria do municipio

SarriaXa
Instalarase un quinto contedor marrón para materia orgánica na Pobra de San Xiao e farase unha recollida selectiva porta a porta de materia orgánica en establecementos comerciais
Casa-do-Concello-de-Láncara
14 Dec 2024

O Concello de Láncara sacará a licitación a mellora da xestión de residuos e limpeza viaria do municipio, incluíndo tamén novos servizos como a recollida selectiva de materia orgánica ou o fomenta da compostaxe.

O contrato terá unha duración máxima de 10 anos e un valor de arredor de 2,7 millóns de euros e o obxectivo desta actuación é promover prácticas responsables entre os veciños, así como preparar ao concello para o incremento dos custos derivados do tratamento do lixo non separado.

Con isto, Láncara será das primeiras provincias de Lugo en aplicar as normativas europeas de recollida e tratamento de lixo.

Concretamente, instalarase un quinto contedor marrón para materia orgánica na Pobra de San Xiao e levarase a cabo unha recollida selectiva porta a porta de materia orgánica en establecementos comerciais de maior produción.

Outras accións serán aumentar os puntos destinados a envases lixeiros, cartón e vidro; así como recollerá residuos de gran tamaño e aceite doméstico usado e mellorará o punto limpo.

Tamén, porase en marcha un modelo de creación dun lote de compostaxe doméstico para levar ás vivendas illadas, instalará un compostaxe escolar no CPI Ramón Piñeiro e outro comunitario na urbanización de Valdriz.

Finalmente, implantarase un sistema de control para garantir a calidade dos servizos e campañas de sensibilización, con charlas informativas, comunicación e atención personalizada.

0.14109897613525