O Goberno local de Láncara organiza unha serie de viaxes á praia para os meses de xullo e agosto
Desde o Concello de Láncara anuncian, a través da Concellería de Deportes, Cultura e Xuventude e Turismo; que se organizan diversas viaxes de verán á praia.
Desta maneira, as viaxes serán o día 6 de xullo á praia de Miño, o día 13 de xullo á praia de Covas de Viveiro, o 20 de xullo á praia de Ares na Coruña, o día 27 de xullo á praia de Benquerencia en Barreiros, o día 3 de agosto á praia de San Lorenzo de Xixón, o 10 de agosto á praia de Foz, o 17 de agosto á praia de Riazor e o 24 de agosto á praia de Ber en Pontedeume.
Con respecto aos prezos, haberá que pagar 7 euros para os nenos de 4 a 7 anos e a partir de 10 anos haberá que pagar 15 euros; agás na viaxe de Xixón, que custará 10 euros para os nenos de 4 a 10 euros e de 20 euros para os nenos de máis de 10 anos.
Os lugares de recollida serán ás 8.15 horas en Cedrón, ás 8.30 horas na Reboleira, ás 8.30 horas en Carracedo, ás 8:30 horas en Láncara e ás 9.00 horas na Pobra de San Xiao.