O goberno local de Sarria activa as xestións para converter a Feculera no Espazo Sociocultural Familia José Vento

SarriaXa
La feculera de Sarria fue el escenario elegido para la grabación del videoclip del tema O Tren del grupo Louband.
feculera sarria
12 sep 2023

O goberno local de Sarria activa as xestións para converter a Feculera no Espazo Sociocultural Familia José Vento gracias a que o Xulgado Contencioso Administrativo  número 1 de Lugo ratificase que a adquisición por parte do Concello realizouse “acorde co ordenamento xurídico.

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, valorouno como “unha excelente nova” e avanzou que en próximas datas activará diferentes xestións para encauzar un proxecto que permita converter esa  antiga infraestrutura empresarial no Espazo Sociocultural “Familia José Vento”.

Garrido considera que a sentenza é “completamente clara e rotunda e desbarata  todos os argumentos alegados polos concelleiros do Grupo Municipal do PP, ata o  punto de que lle impón as costas do proceso”. Por este motivo, o alcalde invita aos  populares “a pasar páxina, a renunciar á presentación do recurso de apelación e a  sumarse a un proceso en positivo para conseguir fondos doutras administracións que  permitan custear un ambicioso proxecto de reforma das instalacións da Feculera”.

Segundo o rexedor, a previsión é traballar en paralelo na elaboración dunha memoria  que defina os aspectos técnicos da rehabilitación arquitectónica e os novos espazos e  usos e, por outra parte, “tratar de sumar esforzos entre todas as forzas políticas de  Sarria para conseguir os fondos necesarios”.

“O lóxico sería alcanzar un compromiso a tres bandas entre o Concello de Sarria, a  Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia para dotar ao pobo de Sarria dunha  infraestrutura sociocultural acorde ás necesidades actuais e futuras”, indicou Garrido,  ao mesmo tempo que subliñou que o proxecto do Centro Sociocultural “Familia José  Vento” sería “fundamental para impulsar a revitalización da contorna da Estación”.

“Máis aló das discrepancias políticas que poida haber noutros temas, creo que o  proxecto da Feculera é unha iniciativa na que tanto o PP, como o PSOE e o BNG teñen  que implicarse e aproveitar as súas conexións coa Deputación e a Xunta en beneficio  de Sarria. A veciñanza non entendería que non fose así”, opinou Claudio Garrido.

0.15687918663025