O Goberno local de Sarria e a Xunta de Galicia reuníronse para falar da situación do matadoiro

SarriaXa
A conselleira do Medio Rural ofreceu colaboración ao Concello "sempre e cando este presente un proxecto económico sólido e viable para continuar coa actividade do matadoiro"
reunión-Concello-de-Sarria-e-Xunta-polo-matadoiro
8 Nov 2024

A conselleira do Medio Rural da Xunta, María José Gómez, e a directora territorial da Consellería en Lugo, Olga Iglesias, reuníronse co alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e a responsable do matadoiro no municipio, Geni Valcárcel.

Durante a reunión, Gómez insistiu en que a Xunta "defende o interese público do matadoiro municipal de Sarria, dada a importancia que teñen o sector agrogandeiro e a propia industria cárnica na comarca.

Así, o Goberno galego confía en que o equipo de goberno municipal solucione os problemas de xestión advertidos, a fin de normalizar a situación das instalacións e recuperar o seu uso público.

Nesta liña, Gómez subliñou que o seu departamento é plenamente consciente da relevancia deste servizo para a cidadanía da bisbarra e é sensible ás demandas dos veciños, no sentido de recuperar o seu funcionamento normal. Engadiu que, en consecuencia, a Consellería está aberta a estudar posibles vías de cooperación neste asunto, sempre en beneficio dos veciños e do dinamismo económico de toda a contorna.

Así, a conselleira ofreceu colaboración ao Concello "sempre e cando este presente un proxecto económico sólido e viable para continuar coa actividade do matadoiro", incidiu.

Cómpre incidir no feito de que esta comarca destaca por acoller un número importante de granxas de porcino, así como sas de despece e pequenos obradoiros cárnicos, polo que o servizo do matadoiro resulta de gran interese para o sector.

0.17466616630554