O Goberno local de Sarria entregou os trofeos polos éxitos do Club Seurri Tiro con Arco
SarriaXa
O Club Seurri de Tiro con Arco recibiu diversos trofeos como recoñecemento do seu "gran traballo e boa mostra dos éxitos que está a acadar", tal e como afirman desde o Goberno local.
28 Mar 2024
O Club Seurri de Tiro con Arco recibiu diversos trofeos como recoñecemento do seu "gran traballo e boa mostra dos éxitos que está a acadar", tal e como afirman desde o Goberno local.
Así, o alcalde, Claudio Garrido, e o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, foron os encargados de facer entrega dos trofeos e de darlles os parabéns aos deportistas.
Entre os éxitos máis destacados, está o primeiro premio no Campionato Galego de Arco Recurvo coa campioa Cristina Pereira Álvarez e que Jesús Franco Corujo acadou un impresionante terceiro posto no Campionato Galego na modalidade de Arco Tradicional.