O Goberno local defende o plan de nutrición das vivendas comunitarias como resposta aos populares

SarriaXa
O Partido Popular presentou unha moción instando a mellorar o plan de alimentación nas vivendas comunitarias do municipio
Concello-de-Samos
10 Dec 2024

A Corporación municipal de Samos celebrou o seu pleno ordinario do mes de decembro este luns, no que se aprobaron borradores de exercicios anteriores,  e decretos de Alcaldía.

Pola súa parte, o Partido Popular presentou unha moción instando a mellorar o plan de alimentación nas vivendas comunitarias do municipio, que foi rexeitada polo resto dos concelleiros representación municipal.

Así, desde o Goberno local votouse en contra desta moción alegando que o plan de nutrición dos usuarios das vivendas comunitarias “está revisado por un médico e hai gran variedade nos pratos, sen repetir unha comida concreta e valorando todas as necesidades nutricionais dos usuarios”.

Os populares indicaban na súa moción que a sopa era “augada e salgada” e que a empanada “estaba rancia”, ao que a alcaldesa, Chus López, contesta que “hai uns meses contratouse unha cociñeira que o fai xenial, proba diso é que ningún usuario se deu de baixa no servizo, ademais de que a empanada repártese quente arredor da hora na que está programada a comida”.

Ademais, os populares, levaron varias preguntas sobre “onde mete os cartos o Goberno local”, e desde Alcaldía contestouse a todas esas preguntas, xustificando os pagos e dando argumentos para explicar que fai “o que pode cos cartos que temos, e tendo en conta que nos contamos con máis financiación da Xunta para o SAF”, por exemplo.

Con todo, tamén destacan que no pleno introduciuse unha votación para nomear como titular e suplente do Concello de Samos na Reserva de la Biosfera Ribeira Sacra e Sierras do Oribio e Courel, na que quedaron elixidos a alcaldesa, Chus López, e o tenente de alcalde, Jose Manuel López Préstamo.

0.15622115135193