O gromo de Sarria esténdese por Samos e Láncara
A tendencia á baixa recuperouse de novo este domingo na provincia malia o brote detectado en Sarria nunha granxa, que se está a extender por Samos e Láncara, concellos que se atopaban dende hai semanas limpos do virus.
Así, hoxe son 204 casos activos, que son 8 menos que onte. Na xornada anterior a subida foi de 2.
De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 12 casos novos (onte foron 21). Ademais, as altas chegaron ás 11.452, 20 en 24 horas, o día anterior foron 22.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.8719 casos rexistrados e 210 persoas falecidas.
A presión hospitalaria redúcese lixeiramente. Na UCI do Hula seguen 6 pacientes, pero en planta son 18 enfermos (1 menos), 13 no hospital de Lugo (1 máis), 2 en Monforte (2 menos) e 2 en Burela. Segue un ingresado no Polusa.
POR COMARCAS
A Mariña
Lourenzá continúa mellorando e o luns deixará a zona de alerta. Mondoñedo leva xa 15 días sen casos positivos do virus.
- Lourenzá sairá o luns de alerta media e segue estable.
- Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, Xove, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, Riotorto e O Valadouro. Únese Mondoñedo.
- Na última semana tampouco tiveron A Pontenova e Burela.
Terra Chá
Guitiriz sae o luns de alerta e baixa ata os 10 casos. No resto continúa a tendencia á baixa.
- Guitiriz, que o luns deixa o estado de alerta, reduce un caso, a 10 e non tivo ningún na última semana.
- No veciño Concello das Pontes están en 15 casos, un menos.
- Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Outeiro de Rei, Rábade e Meira.
- Nos últimos sete tampouco tivo Vilalba.
Centro da provincia
Mentres a estabilidade segue na comarca, Palas sae da zona limpa de covid, onde entra Guntín, que leva 7 días sen positivos.
- Lugo queda en 38 casos.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín, Antas de Ulla e Baralla.
- Sen casos os últimos 7 están Baleira e Guntín.
- Palas de Rei volve ter algún caso.
Comarca de Sarria
O gromo de Sarria, que suma máis positivos, exténdese ata Samos e Láncara, aínda que os datos no segundo non están contabilizados. Paradela seguirá en alerta vermella con 14 casos .
- Paradela mantén os 14 casos de onte e seguirá dende o luns en máxima alerta cunha incidencia elevada, por riba do 500 por 100.000 habitantes.
- O gromo de Sarria sobe aos 17 casos, 4 máis, pero espérase que suma máis os próximos días.
- Láncara e Samos suman algún caso, todavía fóra dos parámetros de alerta.
- Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid.
Ribeira Sacra
A covid empeora un pouco no Sur. Monforte suma casos e a incidencia segue estendida. A Pobra de Brollón sairá de estar en alerta o luns e Chantada, que seguirá en zona media de atención, descense un caso.
- Monforte sobe hoxe a 25 casos, 3 máis.
- Chantada rebaixa un caso ata 13 e seguirá en alerta media.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.
- Sen casos nos últimos sete días está O Saviñao.
- Volve a incidencia a A Pobra de Brollón, malia este último deixar o estado de alerta.