O grupo 57 palabras representará a súa obra 'Fuga' na Casa da Cultura de Sarria
O vindeiro domingo, 17 de decembro, a Casa da Cultura de Sarria acollerá a representación teatral do grupo 57 palabras da súa obra 'Fuga', a partir das 20.00 horas.
Esta obra é unha comedia de acción para público a partir de 14 anos, na que o seu autor, Jordi Galcerán, e directora, Patricia Neira, invitan a todos os veciños e veciñas de Sarria a desfrutar desta iniciativa, que durará arredor dunha hora e vinte minutos.
Duración: 80 min.
A sinopse relata unha historia na que ninguén é o que parece. Un grupo de timadores intenta estafar a un político caído en desgracia pola súa ambición, pero este tampouco é tan parvo coma eles pensan, ou iso cre el. Con este fío argumental, abórdanse temas serios cun tono de humor, como a infidelidade, a corrupción, a dependencia, a avaricia e a procura do amor.