O grupo CompostELA percorrerá o Camiño Francés en setembro

SarriaXa
O Grupo CompostELA fará a etapa do Camiño Francés desde Triacastela a Sarria o vindeiro 6 de setembro
peregrinación-CompostELA
26 Ago 2024

O Grupo CompostELA fará a etapa do Camiño Francés desde Triacastela a Sarria o vindeiro 6 de setembro co obxectivo de darlle visibilidade á enfermidade da ELA e seguir recollendo apoios.

Concretamente, os participantes sairán o 4 de setembro do Cebreiro, chegarán a Triacastela e irán cara a Sarria o día 6, para o 7 chegar a Portomarín, o día 8 estarán en Arzúa, o 9 no Pedrouzo e o día 10 de setembro chegarán a Santiago de Compostela, cumprindo así o seu obxectivo.

Este grupo de persoas nace da iniciativa privada de peregrinos relacionados coa Esclerose Lateral Amiotrófica que no ano 2019 descobren que o Camiño de Santiago é “un medio perfecto para visibilizar a enfermidade, reclamando a xusticia política e social que os pacentes merecen”, explican.

CompostELA é unha experiencia “gratificante e inclusiva na que se superan retos do Camiño grazas ao espírito dos afectados e a axuda e colaboración de voluntarios e coidadores”.

0.13507795333862