O grupo de heavy metal Sake Mate actuará este sábado no Buril de Sarria

SarriaXa
O grupo de heavy metal Sake Mate actuará este sábado no Buril de Sarria e virá acompañado da actuación de Los Jorobados del Miño
Sake Mate
5 Xul 2023

O Buril acolle este sábado, 8 de xullo, o concerto do grupo de rock Sake Mate a partir das 22.00 horas e as persoas que queiran desfrutar deste evento deberán pagar unha entrada de 10 euros.

Este grupo presenta o seu novo disco, 'Condenado a la libertad', no que predomina o heavy metal melódico con voz aguda, aínda que mestura tamén aires de rock urbano.

Ademais destes cinco músicos, tamén actuarán Jorobados del Miño, banda de rock de Lugo que acompañará a actuación de Sake Mate e que interpretarán algún dos seus cinco temas recén sacados.

Concerto buril sábado
0.17688608169556