O grupo de rock Los Enemigos amenizará a xornada do 13 de xullo do DHU Vila de Sarria

SarriaXa
Durante a xornada do sábado, 13 de xullo, os protagonistas serán os máis pequenos no MiniDHU
DHU-Vila-de-Sarria-organizadores
DHU-Vila-de-Sarria-organizadores
17 Xuño 2024

Os organizadores do DHU Vila de Sarria, que forman parte do club ciclista DHG Team, veñen de anunciar novas actividades que formarán parte do evento de descenso ciclista do ano que se celebrará en Sarria os vindeiros 13 e 14 de xullo.

Desta maneira, fomentan que as persoas que participen así como os turistas e familiares que se acheguen a desfrutar da xornada deportiva, conten tamén con outras actividades de ocio das que poidan gozar.

Así, durante a xornada do sábado, 13 de xullo, a XI edición do Dhu Vila de Sarria acollerá a actuación dunha das grandes bandas de rock de España, Los Enemigos.

Ademais, tamén anunciaron que o día 13 tamén será a xornada protagonizada polos máis pequenos, xa que terá lugar o MiniDHU.

0.11668992042542