O grupo de teatro Gargallada achega a obra 'Crónica dun pobo' a Sarria

SarriaXa
O vindeiro domingo 26 de novembro a casa da cultura de Sarria acolle a función 'Crónica dun pobo' da man do grupo de teatro Gargallada.
Lourenza gargallada teatro
23 Nov 2023

O vindeiro domingo 26 de novembro a casa da cultura de Sarria acolle a función 'Crónica dun pobo' da man do grupo de teatro Gargallada. A proposta, que comezará ás 20.00 horas, está enmarcada no Circuíto Galego de Teatro Amador 2023, patrocinado por FEGATEA e coa colaboración do Concello.

A obra achega á escena, a modo de farsa histórica, unha visión traxicómica sobre as guerras e os réximes autoritarios desde o punto de vista da xente común, que son quen padecen as súas desastrosas consecuencias. Todo isto pasado pola peneira do humor mordaz de Miguel Gila a través das clásicas escenas do absurdo nos campos de batalla e nos cuarteis.

A función está protagonizada por dous amigos, un mariñeiro e un ferreiro, unha avoa que debe coidar do seu netiño, unha rapaza trastornada pola barbarie, un vendedor de globos de cores e bonecos, unha muller a quen os bombardeos impiden ir lavar a roupa e un ditador co seu séquito de secretarios, censores e verdugos, aclamado por folclóricas e toureiros.

crónicas_dun_pobo_sarria
0.16826605796814