O grupo de teatro Rebuldeira pecha este domingo a II Mostra de Teatro Iván Tourón Moráis
SarriaXa
O vindeiro domingo, 15 de outubro, o grupo Rebuleira de Sarria pecha a II Mostra de Teatro Iván Tourón Moráis cunha obra de teatro representada polo grupo de actores e actrices de Melide Charamela.
13 Oct 2023
O vindeiro domingo, 15 de outubro, o grupo Rebuleira de Sarria pecha a II Mostra de Teatro Iván Tourón Moráis cunha obra de teatro representada polo grupo de actores e actrices de Melide Charamela.
Así, coa súa obra 'Vaia lío' estrean este grupo de teatro de actores afeccionados, na que haberá diferentes momentos que porán nunha situación incómoda ás personaxes das historias.
Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo achegándose á Casa da Cultura de Sarria, onde terá lugar esta obra aberta a todos os públicos e sen custo económico.