O grupo Falcatrueiros presenta en Paradela a obra 'Clown Oedipus'

SarriaXa
A adaptación da traxedia de Sófocles, dirixida por Jouse García, enmárcase no circuito de teatro afeccionado da Deputación de Lugo
Clown-Oedipus
22 Nov 2025

O xoves 27 de novembro, ás 18.00 horas, o Centro Socio-Cultural Manuel Orestes de Paradela acollerá a representación da obra Clown Oedipus, a cargo do grupo teatral Falcatrueiros.

Trátase dunha adaptación da traxedia clásica de Sófocles, dirixida por Jouse García, que achega ao público unha reinterpretación contemporánea e creativa dun dos textos máis emblemáticos da dramaturxia universal.

A actuación forma parte do circuito de teatro afeccionado promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que busca apoiar e visibilizar as producións locais, fomentando o acceso á cultura escénica en distintos concellos da provincia.

⚙ Configurar cookies
0.080609083175659