O grupo Kung Fu Anpa do CPI Ramón Piñeiro realizou os exames de graos técnicos de Kung Fu
O grupo Kung Fu Anpa do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao realizou os exames de graos técnicos de Kung Fu, grupo infantil e xuvenil.
Máis do que é un simple exame, trátase dun festexo, dunha ceremonia de confirmación de contidos do programa lectivo anual, a través dun feedback orientado ao proceso, reforzando o que está correctamente aprendido, mellorando o que se está aprendendo e recoñecendo expresamente os logros persoais de cada alumno/a como reforzo positivo. O ascenso de grao técnico é a visualización do progreso persoal, un recoñecemento ao traballo propio.
Desde o grupo deportivo defenden que "existe unha enorme e manifesta implicación das nais e pais, dando forma a algo moi especial, un proxecto no que os nenos e nenas son felices e adquiren unha predisposición a un adestramento multidisciplinar, afastado da especialización temperá, unha predisposición a un ocio saudable e nun ambiente familiar".