O Grupo Municipal do PP de Sarria defenderá no pleno unha moción para defender os gandeiros

SarriaXa
Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Sarria proporán no vindeiro pleno que o Concello se dirixa ao Goberno central para esixir a flexibilización da normativa europea para que “non afogue aos gandeiros”.
PP Sarria visita explotación gandeira
27 Feb 2024

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Sarria proporán no vindeiro pleno que o Concello se dirixa ao Goberno central para esixir a flexibilización da normativa europea para que “non afogue aos gandeiros”.

A portavoz, Carmen José López, defende “a importancia do sector agrogandeiro para o noso municipio dende o punto de vista produtivo, económico, social e medioambiental”. E así o manifestou durante unha visita a unha explotación gandeira na que tamén participaron concelleiros do Grupo Municipal Popular.

Os populares comparten os reclamos que os gandeiros trasladaron ás rúas coas súas protestas pola baixa rendibilidade derivada de prezos que cobren os custos de produción, a necesidade de abordar unha modificación da lexislación europea e a competencia desleal polos tratados de libre comercio da UE con terceiros países sen cláusulas espello.

Peticións do PP de Sarria

É por iso que os populares piden que o Goberno central lidere unha moratoria inmediata e temporal da normativa europea que ocasiona prexuízos para os gandeiros e pon en perigo a viabilidade das súas explotacións; que defenda aos nosos gandeiros respecto da situación xerada de competencia desleal que supoñen os tratados de libre comercio sen cláusulas espello e que modifique a Lei da Cadea Alimentaria para facer efectiva a prohibición da venda a perdas, como é a súa responsabilidade, e que recoñeza a oficialidade das ferramentas de cálculo de custes de produción como son Contaláctea e Contacarne postas en marcha pola Xunta de Galicia.

Tendo en conta que “a lexislación da UE arrisca o seu futuro con trabas burocráticas e esixencias medioambientais; esiximos ao Goberno central que liderea petición dunha moratoria en toda a UE desta nova lexislación para facilitarlles o traballo do día a día atendendo ás especificidades de cada rexión, e non como fixeron ata o de agora lexislando de costas ao sector”.

López insiste en “pedir ao Ministerio defender ante Bruxelas os dereitos dos nosos gandeiros como se fai dende Galicia”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15501189231873