O grupo nacionalista cualifica o asunto da residencia de maiores de Sarria como un "disparate político"
Efrén Castro, do BNG de Sarria, denuncia a situación nas residencia de maiores Nosa Señora do Carme, e acusan de persecución por parte de Benjamín Escontrela a unhas traballadoras "concretas".
Desde o principio do mandato denunciaron a mala xestión que se facía desde o Concello de Sarria e a mans do xestor da entidade pública, Escontrela, xa que "nos chegaran rumores", polo que, sen acusar, "solicitamos facturas da residencia aos que temos dereito", pero non obtiveron resposta. Por isto, din que foi un feito de "encubrimento".
O espionaxe ás traballadores "non ten xustificación nin ten sentido", argumenta Castro, xa que "el, como médico de profesión, sabía que podía pedir unha inspección médica por absentismo laboral se dubidaba da veracidade das baixas laborais ás que tiñan pleno dereito as traballadoras".
Así, desde o grupo nacionalista defenden que foi unha "espionaxe inmoral, un acoso ás traballadoras con enfermidades graves e un disparate toda a actitude" con respecto ás traballadoras, que non eran afíns a el politicamente.
Ademais, defenden, usou 20 mil euros de diñeiro público para unha investigación que nin está rexistrada nin existen os informes finais da investigación á disposición da administración, polo que din algo que "a el non lle interesa sacar".