O PP de Sarria critica o estado de varios parques e xardíns do municipio

SarriaXa
O grupo popular do municipio de Sarria critica o estado das fontes do parque do Chanto que segundo sinalan, carecen de auga
ochanto sarria
9 Ago 2022

Varios integrantes do Partido Popular do concello de Sarria expoñen as súas queixas acerca de espazos naturais do municipio como o parque do Chanto ou o Xardín Vertical.

Os Populares alegan que “o estado das fontes públicas do parque do Chanto é lamentable xa que carecen de subministro de auga" e solicitan ao goberno que tome cartas no asunto.

Buscan que "este problema se solucione o antes posible xa que afecta a tódolos veciños do municipio" que ata o de agora, non poden facer uso delas.

Por outra banda e como manifestan no seu perfil de redes sociais, tamén fan públicas as súas queixas no que ao xardín vertical do municipio se refire. Afirman que “custou 40.000 euros e foi contratado a dedo por Claudio Garrido a unha empresa foránea”.

O problema principal, segundo afirman os integrantes do partido e que “hoxe luce descoidado e abandonado mentres o concello non para de subir os impostos”.

fonte sarria
0.16704893112183