O grupo Rebuldeira organiza o día 26 en Sarria un curso de teatro intensivo
Como membro da Federación Galega De Teatro Afeccionado, o grupo Rebuldeira Teatro porá en marcha o vindeiro 26 de novembro un curso intensivo na vila para todo aquel que desexe probar esta disciplina.
Este curso intensivo de teatro que será impartido por César No, terá lugar na Casa da Cultura de Sarria o sábado 26 de novembro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
Está destinado a un público maior de 14 anos e conta con 15 prazas vacantes, as inscricións xa están abertas para tódolos interesados e interesadas e pódense realizar a través do seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc32FX32b4xqsL2DiUs4f1xP6W-SYm7MWqxuyZnaMgnTXrIOg/viewform
Este é un laboratorio que permite ó alumnado achegarse ó descubrimento escénico, potencia a súa imaxinación e escoita grupal, fomenta a toma de conciencia, da importancia a cada elemento e ás relacións no espazo… todo isto na procura dunha creación única, levada a cabo nunha viaxe grupal que se configura a partires do xogo cos materiais, luz, sons, textos… Unha creación que nunca remata pero que contén un anaco de cada participante.