O grupo Xacobeo de Sarria organiza unha nova ruta

SarriaXa
O grupo Xacobeo de Sarria organiza a última ruta da tempada dende Paradela ata San Juan de Loio. Conta con transporte, comida e seguros.
ruta do loio sarria
4 Nov 2021

O grupo Xacobeo de Sarria organiza unha nova ruta para dar fin á tempada de sendeirismo. O obxectivo é o de amosar novos camiños e paisaxes aos interesados. A ruta do Loio comeza en Paradela. O camiño iniciará no parque infantil de Ruxidoira e rematará na parroquia de San Juan de Loio.
O recorrido consta de 9 kilómetros sendo a duración do percorrido de tres horas. Esta ruta transcorre polo medio de bosques de carballos e permite admirar un impresionante exemplar milenario, pontes de madeira e pedra, fervenzas e muíños.
O prezo é de 36 euros incluíndo seguros, comida e transporte. Hai saída dende Sarria e Lugo. A reserva de praza está aberta ata o día 11 de novembro.
Pola tarde, os participantes da actividade darán un paseo ata Portomarín para coñecer o leito do río, os caneiros e a nova vila.

ruta do loio sarria
0.1479389667511