O Grupo Xacobeo de Sarria organiza unha ruta pola ría de Vigo o 19 de xullo

SarriaXa
A actividade inclúe transporte, cea a bordo do barco e animación musical, con saída desde Lugo e Sarria
Asociación-Grupo-Xacobeo-Sarria-rutas
14 Jul 2025

A Asociación Grupo Xacobeo de Sarria organiza para o sábado 19 de xullo unha actividade cultural e gastronómica pola ría de Vigo que combina natureza, tradición mariñeira e degustación gastronómica.

A proposta inclúe transporte desde Lugo, con saída ás 14:00 horas, e desde Sarria, ás 14:30 horas, con prazas limitadas e reserva dispoñible ata o 15 de xullo.

A ruta comezará cun percorrido a pé de 5 quilómetros polo paseo de Areamillas, en Cangas, desde onde os participantes poderán gozar de impresionantes vistas. Posteriormente embarcarán no porto de Cangas para realizar diferentes actividades a bordo dun barco, como a denominada Ruta do Polbo, na que se explicará a arte da súa pesca e outras curiosidades, e a observación da posta de sol desde a propia embarcación.

O programa tamén inclúe unha cea no barco, con degustación de polbo e outras propostas gastronómicas acompañadas de viño con denominación de orixe Rías Baixas. A xornada rematará cunha animación musical que contará coa mellor música tradicional galega antes de regresar ao porto de Cangas e dispoñer de tempo libre.

O prezo da actividade é de 65 euros para socios e 70 euros para non socios, incluíndo transporte, Ruta do Polbo, cea e seguros. As persoas interesadas poden solicitar información e facer a reserva a través do teléfono 609 027 518.

⚙ Configurar cookies
0.1529688835144