O Grupo Xacobeo Rutas Sarria organiza unha ruta que rematará coa celebración do Magosto
SarriaXa
O percorrido, de 12 km e de dificultade media, terá lugar o vindeiro domingo, 10 de novembro
29 Out 2024
A Asociación Grupo Xacobeo Sarria organiza a ruta do Magosto para realizar o vindeiro 10 de novembro polo Camiño Real de O Poio a As Cruces.
Esta ruta terá un percorrido de 12 km de dificultade media onde as persoas participantes poderán descubrir paisaxes cun corido outonal e unhas das vistas máis altas de Galicia, así como bosques autóctonos.
Haberá unha parada para comer todos xuntos en Triacastela e pola tarde celebrarase o magosto do grupo. As persoas interesadas teñen ata o vindeiro 6 de novembro para apuntarse e terán que pagar un custo de 45 euros os socios e de 48 euros os non socios.