O Grupo Xacobeo Sarria propón unha ruta de sendeirismo pola costa da Coruña
O Grupo Xacobeo Sarria organiza para este domingo, 22 de xaneiro, unha ruta de sendeirismo de dificultade baixa de doce quilómetros que percorre a costa da provincia da Coruña desde Ares ata Pontedeume.
Para chegar a Ares e comezar a ruta ponse a disposición dos participantes dous autobuses, un que sairá de Sarria ás 7.30 horas da mañá e outros en Lugo que sairá ás 8.00 horas da mañá.
Percorrido da ruta
A senda arrancará desde Ares e alí comezará a andaina que percorrerá a costa ata o no pobo costeiro de Redes, ondeverán a Punta Modias coas súas antigas baterías militares, para despois continuar por Cabanas ata Pontedeume, onde haberá unha comida ao mediodía.
Á tarde, está planificado pasear polo concello de Pontedeume facendo turismo e coñecendo esta vila medieval, que conserva un gran patrimonio histórico e natural.
Organización da actividade
A actividade ten un custo de 42 euros para os socios do Grupo Xacobeo Sarria e de 45 euros para os que non son socios. Neste prezo vai incluído o desprazamento, a comida e os seguros. Pódese reservar praza ata o xoves, 19 de xaneiro, a través do número de teléfono 609 027 518.
Para o vindeiro 5 de febreiro está programada outra actividade organizada polo Grupo Xacobeo Sarria que consistirá nunha ruta de sendeirismo pola Ruta dos Miradoiros de Triacastela ata a capela de San Mamede e acabará cunha comida de cocido ao mediodía, que será amenizada por música tradicional.