O grupo Xacobeo Sarria Rutas organiza unha nova excursión a Gijón
O Grupo Xacobeo Sarria Rutas organiza unha nova excursión para o día 20 de marzo a Gijón, Asturias. A saída será ás 6.00 horas dende Sarria e ás 6.30 horas dende Lugo. A praza pódese reservar ata o día 17 de marzo.
O prezo dos socios será de 42 euros mentres que os non socios deberán abonar 44 euros. Este custe inclúe o desprazamento, unha guía oficial, comida e seguros.
Os participantes visitarán pola mañá a cidade de Gijón, capital da Costa verde, a ruta contará con guía oficial durante o percorridos das principais rúas e lugares emblemáticos, seguido de tempo libre para desfrutar o ambiente comercial.
A comida será típica nun Llagar, lugar típico da zona. Tras isto, pola tarde, os excursionistas visitarán e farán unha pequena ruta polo Parque de San Lourenzo que conta cunhas vistas marabillosas do mar Cantábrico dende os seus miradoiros.
Para realizar a reserva ou solicitar máis información pódese contactar a través do número 609 027 518.