O Horto do Oribio xa está listo para que o alumnado de Triacastela poida plantar amorodos

SarriaXa
O alumnado e profesorado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela rematou a construción do Horto do Oribio, formado por dous bancais e un tramo de canalón onde sementarán amorodos.
Horto do Oribio Triacastela
12 Maio 2024

O alumnado e profesorado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela rematou a construción do Horto do Oribio, formado por dous bancais e un tramo de canalón onde sementarán amorodos.

O alumnado, ademais, xa sementou as primeiras leitugas, promovendo así a súa capacidade de aprendizaxe e convivindo coa natureza.

Desde o centro educativo destacan que todos os materiais empregados para a construción do Horto foron reutilizados e sacados de anteriores obras do centro, destacando a cesión da terra por un veciño do Concello e a adquisición de diferentes produtos na ferraxería da localidade.

0.14015889167786