Sarria acollerá unha xornada sobre ciberseguridade da Oficina Acelera Pyme
A Oficina Acelera Pyme Asime Lugo organiza este xoves, de 10.00 a 12.30 horas, unha xornada demostrativa sobre ciberseguridade e seguridade industrial dirixida a pemes, autónomos e emprendedores, así como a calquera outra persoa interesada.
Trátase dunha actividade gratuíta que impartirá Inycom no Hotel Restaurante Roma e que busca formar ás persoas asistentes sobre como afrontar as vulnerabilidades en materia de seguridade, como descubrir os riscos nos sistemas e como actuar ante eles.
Algúns dos servizos gratuitos do programa Acelera Peme son o servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa, o apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio, a consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…) e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.