O I Encontro Máxico no Rural en Sarria chega ás parroquias esta fin de semana
O Concello de Sarria organiza o I Encontro Máxico no Rural da man do mago Roberto Lolo, que cada ano organiza o Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria en verán.
Neste caso, os vindeiros 18 e 19 de maio desenvolveranse distintos espectáculos de maxia na zona rural de forma gratuíta e da man de cinco ilusionistas galegos: Roberto Lolo, MagAldara, Samuel Moreno, Román García e o mago Iago.
Así, as escolas parroquiais de Froián, Louseiro, Vilamaior, Corvelle, Vilapedre e Oural serán os escenarios nos que se desenvolverá esta iniciativa.
PROGRAMA
O primeiro encontro será en San Pedro de Froián o día 18 ás 12.00 horas con Samuel Moreno e MagAldara e ese mesmo día pola tarde, ás 17.00 horas, será a quenda de Roberto Lolo e MagAldara en Louseiro, e de Samuel Moreno e Roberto Lolo ás 20.00 horas en Vilamaior.
Pola súa parte, o día 19 Samuel Moreno e o mago Iago actuarán en Corvelle, mentres que á tarde estará Iago con Román García en Vilapedre.
Cada un dos espectáculos será dunha hora de duración para encher ás parroquias de maxia e risas, tanto de nenos e nenas pequenos, como dos máis maiores que queiran achegarse a desfrutar da iniciativa.