O I Encontro Máxico Rural de Sarria foi todo un éxito de participación nas parroquias

SarriaXa
Roberto Lolo, MagAldara, Samuel Moreno, o Mago Iago e Román García percorreron seis parroquias
Encontro-Máxico-Rural-Sarria
Actuación de Samuel Moreno en San Pedro de Foián
20 Maio 2024

O I Encontro Máxico no Rural de Sarria, organizado polo mago Roberto Lolo da man do Concello de Sarria, foi todo “un éxito e unha sorpresa pola recepción do público”, algo que Roberto Lolo define como “incrible”.

Desta maneira, o sábado comezou a xornada en San Pedro de Foián, onde actuaron MagAldara e Samuel Moreno. Despois, foron ata Louseiro, onde actuaron MagAldara e Roberto Lolo, e finalmente remataron en Vilamaior, onde actuaron Samuel Moreno e Roberto Lolo.

Pola súa parte, o domingo as actuacións máxicas seguiron na parroquia de Corvelle co Mago Iago e Samuel Moreno, en Vilapedre con Román García e o Mago Iago, e finalmente en Oural, con Roberto Lolo e Román García.

0.15718102455139