O I Festival de Bandas Comarca de Sarria encheu a praza da Vila e foi todo un éxito
O I Festival de Bandas Comarca de Sarria foi todo un éxito, segundo os seus organizadores, da Banda de Música da Comarca de Sarria, xa que a praza da Vila se encheu de público que quixo formar parte deste evento.
Así, a Banda de Música da Comarca de Sarria, co seu director Jesús López, músico de Sarria e director do Conservatorio Profesional da Coruña; e a Banda de Música O Landro de Viveiro, dirixida por Carlos Timiraos, músico natural de Viveiro, puxeron a música na vila de Sarria.
Co gran éxito desta primeira edición, desde a Banda sosteñen que haberá unha segunda edición o ano que vén, que servirá tamén para mellorar certos aspectos da organización do evento, así como reivindican contar cun auditorio ou un espazo onde se poida facer fronte á meteoroloxia, tanto se fai moito sol como se chove; e tamén por cuestions acústicas.
"Sempre soan mellor os instrumentos nun espazo habilitado onde non haxa ao carón un parque infantil. Hai que dicir que a culpa en tal caso é nósa por ir molestar ós nenos que están xogando tan tranquilos no seu espazo, pero gustaríanos contar cun espazo habilitado para facelo de forma axeitada", argumentan.