O IES Gregorio Fernández acolle estudantes francesas nun programa Erasmus en Sarria

SarriaXa
As estudantes francesas realizarán prácticas en empresas locais e no Concello grazas á coordinación do IES Gregorio Fernández
ERASMUS-Ies-Gregorio-Fernández-Sarria
17 Mar 2026

O IES Gregorio Fernández de Sarria recibiu no seu centro a seis alumnas e dúas profesoras do Instituto Profesional Denis Papin de Romorantin-Lanthenay (Francia), que estarán durante un mes realizando prácticas en Sarria como parte dunha experiencia Erasmus.

Catro alumnas realizarán prácticas en negocios locais, mentres que dúas farán as súas prácticas no Concello de Sarria.

O instituto actuou como intermediario entre o centro francés e as empresas e institucións locais, facilitando a coordinación e asegurando que esta experiencia internacional poida desenvolverse con normalidade, permitindo ás estudantes coñecer de primeira man o funcionamento do tecido empresarial e institucional da comarca.

0.11308813095093