O IES Gregorio Fernández de Sarria acolleu a presentación de 'A Paradela dos máis novos'

SarriaXa
O libro 'A Paradela dos máis novos' foi presentado na Biblioteca do Instituto Gregorio Fernández de Sarria, un acto ao que asistiron os alumnos paradelenses do Xograr Afonso e Gregorio Fernández, varios dos participantes na confección do libro, que recibiron un exemplar da publicación.
presentación a Paradela dos Máis novos
1 Dec 2023

O libro 'A Paradela dos máis novos' foi presentado na Biblioteca do Instituto Gregorio Fernández de Sarria, un acto ao que asistiron os alumnos paradelenses do Xograr Afonso e Gregorio Fernández, varios dos participantes na confección do libro, que recibiron un exemplar da publicación.

A obra, editada polo Concello de Paradela e na que colaboraron os alumnos do Ceip de Paradela e os alumnos de Paradela que cursan estudos nos institutos Xograr Afonso e Gregorio Fernández, foi elaborada con motivo do bicentenario do Concello de Paradela.

Nos Institutos sarrianos coordinaron os traballos dos alumnos os profesores Lola Chaos (Xograr Afonso) e Eduardo Rey (Gregorio Fernandez), ao que se homenaxeu nesta presentación, como unha lembranza de agradecemento.

O acto foi coordinado por Ana Valín, coordinadora de Galego do Instituto Gregorio Fernández, e nel interviñeron José Manuel Mato (alcalde de Paradela); Xulio Xiz (que dirixiu o libro); Lola Chaos (Coordinadora no Ies Xograr Afonso), alumnos colaboradores do libro de ámbolos dous institutos, e Marta Ferreiro, Secretaria da Delegación Territorial en Lugo da Xunta de Galicia.

0.15233397483826