O IES Gregorio Fernández inicia a celebración do seu 50 aniversario cun libro de sinaturas

SarriaXa
O centro convida a toda a comunidade educativa a deixar felicitacións, lembranzas e desexos para conmemorar medio século de vida
50-anos-IES-Gregorio-Fernández
3 Dec 2025

O IES Gregorio Fernández inaugurou un libro de sinaturas no que todas as persoas relacionadas co centro educativo poderán deixar felicitacións, lembranzas, desexos e reflexións con motivo do 50 aniversario desde a súa apertura en 1975. Esta iniciativa forma parte das actividades programadas para conmemorar medio século de vida do instituto.

A celebración do aniversario continuará con distintas propostas, entre as que se inclúen un programa especial de radio, camisetas e un cartel conmemorativo, actividades deportivas, recompilación de material educativo de diferentes épocas e unha exposición de fotos.

Para esta última, o centro solicita a colaboración da comunidade mediante o envío de imaxes ao correo ies.gregorio.fernandez@edu.xunta.gal.

 

⚙ Configurar cookies
0.072237014770508