O IES Gregorio Fernández organiza unha xornada informativa para familias

SarriaXa
O centro convida a coñecer as súas instalacións e a resolver dúbidas de cara ao proceso de reserva de praza
Ies-Gregorio-Fernández-Sarria
23 Jan 2026

O IES Gregorio Fernández convida ás familias do alumnado que actualmente cursa 6º de Primaria a coñecer de preto o centro educativo a través dunha xornada informativa dirixida especialmente a quen aínda non o visita. A iniciativa ten como obxectivo achegar información directa sobre o funcionamento do instituto, as súas instalacións e a oferta educativa.

A xornada terá lugar o martes 27 de xaneiro ás 19:30 horas e as familias poderán acudir acompañadas das súas fillas ou fillos para percorrer o centro, resolver dúbidas e recibir toda a información necesaria de cara ao vindeiro curso escolar.

Desde o IES Gregorio Fernández lembran tamén que o prazo para solicitar a reserva de praza no centro está aberto do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro. Toda a información relativa aos pasos a seguir e á presentación das solicitudes pode consultarse na páxina web do propio instituto.

⚙ Configurar cookies
0.073529005050659