O IES Xograr Afonso de Sarria organizou unha exposición sobre o mundo da micoloxía

SarriaXa
Ademais, a Asociación micolóxica local A Muiñeira organiza no outono, como cada ano, unhas xornadas micolóxicas abertas á cidadanía
exposición-micoloxía-IES-Xograr-Sarria
22 Out 2024

O IES Xograr Afonso de Sarria organizou unha exposición sobre o mundo da micoloxía que loce no patio cuberto do instituto.

O enfoque didáctico da mostra permite ao alumnado descubrir numerosos exemplares e clasificacións, coñecer as partes dun cogomelo, os nomes galegos e os nomes científicos e moitas cousas máis.

"Agradecemos a colaboración das familias e do profesorado do Club de Ciencia para levar a cabo esta actividade", destacaron desde o centro educativo.

Ademais, a Asociación micolóxica local A Muiñeira organiza no outono, como cada ano, unhas xornadas micolóxicas abertas á cidadanía. Nesta ocasión terán lugar entre os días 8 e 12 de novembro e animan a participar.

0.1834819316864