O IES Xograr Afonso Gómez celebra a II Ruta Cicloturista en Familia con grande participación

O sábado 14 de xuño tivo lugar a segunda edición da Ruta Cicloturista en Familia, unha iniciativa promovida polo IES Xograr Afonso Gómez de Sarria coa colaboración do club ciclista local DHGTeam.
A actividade reuniu alumnado, familias e profesorado nunha xornada de convivencia marcada pola afección común ao ciclismo.
O percorrido levounos desde Sarria ata a Praia Fluvial de San Xulián, alternando entre sendeiros e estrada, onde aproveitaron para compartir un xantar antes de regresar en bicicleta.
O grupo estivo acompañado en todo momento por un coche de apoio para garantir a seguridade. Ademais do respaldo do club ciclista.