O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acollerá a charla 'Reflexos compartidos' de Pepe e Lucas
O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acollerá, o vindeiro 11 de xuño, unha charla impartida polos ‘influencers’ Pepe e Lucas baixo o nome de ‘Reflexos compartidos’.
Nela, os dous rapaces influíntes falarán sobre diversos temas, como os perigos das redes sociais e de internet, así como ofrecerán o seu punto de vista sobre a figura do creador de contido.
Desta maneira, todo o alumnado do centro poderá asistir a este evento no que poderán aprender todo o necesario para dedicarse ao mundo das redes sociais, cada vez máis atraínte, pero sabendo tamén o que conleva.
Esta iniciativa servirá como antesala do festival Ultreia et Suseia, que este ano se desenvolverá entre os días 15 e 20 de xullo, coordinado por Etiqueta Negra un ano máis, e coa colaboración do Concello, da Xunta e da Deputación de Lugo.