O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acolleu unha charla e obradoiro do programa 'EduReferentes'
O alumnado de 2º de ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria participou recentemente nunha charla e un obradoiro no marco do programa 'EduReferentes'.
A actividade estivo impartida por Susana Pérez, que liderou un obradoiro sobre habilidades blandas, abordando a importancia de desenvolver competencias persoais e sociais para a vida profesional e persoal.
A xornada contou tamén coa presenza de Dolores Fernández. Galiño, xuíza e Valedora do Pobo, e de Mar Barcón, ciruxana e asesora. Ambas reflexionaron coa rapazada sobre a importancia de elixir adecuadamente as profesións futuras e promoveron un enriquecedor debate sobre o proceso de elección profesional, destacando a importancia de non caer en estereotipos de xénero.
O programa EduReferentes ten como obxectivo fomentar unha orientación vocacional libre de estereotipos de xénero, animando aos estudantes a explorar diversas opcións profesionais sen restricións e a tomar decisións baseadas nas súas capacidades, intereses e paixóns. A iniciativa busca tamén sensibilizar aos mozos e mozas sobre a igualdade de oportunidades, sen importar o seu xénero, e promover un cambio de mentalidade nas eleccións educativas e profesionais.
Este tipo de actividades permiten aos estudantes reflexionar sobre o seu futuro, inspirándolles a seguir as súas vocacións e a tomar decisións baseadas en criterios propios, sen estar condicionados por normas sociais ou expectativas preestablecidas.