O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria conmemorou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria conmemorou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cunha xornada de convivencia entre o seu alumnado e as persoas usuarias do CAPD de Sarria.
Baixo o lema 'Sementes de Inclusión', percorreron as instalacións do centro e gozaron dunha actuación musical e actividades lúdico-deportivas, todo deseñado pola rapazada do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, ESO e BAC.
Non esqueceron tampouco a importancia de dar visibilidade ás demandas e necesidades das persoas con diversidade funcional polo que, nun acto central da xornada, leron o seu manifesto anual.
Neste, contaron coa presenza da directora Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, da inspectora do centro, da concelleira de Educación do Concello de Sarria e de representantes da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme e da Asociación Diversa Infantil de Sarria, aos que agradeceron o seu compromiso e apoio.
Así, dixeron que "lémbrannos que todas e todos podemos colaborar nesta sociedade sementando inclusión, para o que agasallaron sementes que plantarán e compartirán cando florezan".