O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria organiza unha exposición micolóxica
SarriaXa
Tamén informan de que a Asociación Micolóxica A Muiñeira de Sarria organiza no outono, como cada ano, unhas xornadas micolóxicas abertas á cidadanía
20 Out 2024
O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria organiza unha exposición micolóxica para o luns, 21 de outubro, e o martes, 22 de outubro no patio cuberto do centro escolar.
Esta actividade, encadrada dentro do Club de Ciencia, tenta achegar o fascinante mundo da micoloxía á rapazada.
Ademais da exposición e da identificación de varios exemplares, haberá cartelaría relativa aos cogomelos comestibles e aos velenosos, as súas partes e moito máis.
Tamén informan de que a Asociación Micolóxica A Muiñeira de Sarria organiza no outono, como cada ano, unhas xornadas micolóxicas abertas á cidadanía. Neste ano terán lugar entre os días 8 e 12 de novembro e desde o centro escolar animan a participar.