O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria recibe formación do programa 'Investigadores Sen vandalismo'
O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria foi un dos dez centros galegos seleccionados este curso para participar no programa 'Investigadores Sen vandalismo' da Fundación Barrié.
Así, un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO realizou a segunda das seis sesións que compoñen este programa, que se realiza con expertos. Por isto, membros do Centro de Intervención Educativa en Medio Abierto (CIEMA) de Lugo e Javier Da Silva, da Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES) de Ourense, estiveron no IES.
Na sesión, o alumnado descubriu aspectos moi interesantes sobre as dimensións do vandalismo e as implicacións legais que conlevan para os novos os actos incívicos.
Con todo, ao longo deste curso o alumnado terá a posibilidade de deseñar unha acción social para loitar contra o vandalismo urbano na súa vila.